11 sept 2013
9 sept 2013
A nova lei do emprendemento do PP eximiría de licenza municipal a proxectos como Corcoesto
![]() |
| Antón Sanchez, deputado de A.G.E. |
Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, denuncia que o denominado proxecto de lei “do emprendemento e da competitividade económica de Galicia”, publicado no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia o pasado martes, non é máis que un texto neoliberal extremista e que resume toda a propaganda de desregulación das políticas que conduciron á actual crise económica e social.
Pero non só iso. Segundo expón Sánchez, “o Goberno do señor Núñez non dá puntada sen fío e, coa nova norma na man, proxectos mineiros e ‘aproveitamentos’ hidroeléctricos como as minicentrais non precisarían licenza municipal”. É dicir, de saír adiante, un proxecto colonial e depredador como a mina de Corcoesto aforraría autorizacións e trámites e tería aínda máis doada a súa instalación no país. “O texto reduce o control municipal á
5 sept 2013
I Romaría de verán de ANOVA – O Salnés
Dende Anova IN da comarca do Salnes queremos invitar a todolos simpatizantes e militantes a I Romeria de verán que se vai celebrar o próximo Domingo 8 de Setembro na Illa de Arousa.O máis importante, ter a oportunidade de pasar un día xuntos todas as persoas que traballan e teñen ANOVA como o seu referente en política, e tamén coas nosas familias. Queremos que sexa tamén un día para compartir coas nosas familias, e que vexan en primeira persoa eso que lles contamos do bo ambiente e rollo que hai en ANOVA – Salnés.
Animadevos a participar, que é un moi bo xeito de acabar o verán e retomar o pulso da vida política que hai moito traballo que facer….
I Romaría de verán de ANOVA – O Salnés
Illa de Arousa – Domingo 8 de Setembro.
· 11.00 H.: Visita guiada ao Centro de Interpretación da Conserva da Illa de Arousa e ao muelle de pau
(o punto de encontro e partida será diante do Edificio do Concello da Illa, na Rúa de Palmeira {ao outro lado do paseo do Cantiño})
· 12.00 H.: Proxección do documental “Doli, doli, doli…. coas conserveiras” sobre o traballo das mulleres da conserveira Odosa, da Illa e a loita que levaron a cabo para conseguir o recoñecemento do tempo traballado.
· 13.00 H.: Roteiro ata o Mirador do Santo (no Con do Forno), o punto máis alto da Illa.
· 14.30 H. COMIDA de confraternidade na Área de lecer da Praia Area da Secada.
o Esta reservado un menú, na carpa do Chiringuito existente na propia área de lecer, por un prezo de 10 Euros persoa (Mexillóns; Empanada e Xamón asado con patacas fritidas e ensalada. Inclúe pan, refrescos e café [non postre]).
2 sept 2013
Anova aposta por un cambio de modelo contra os incendios
Antón Sánchez García, responsábel de Medio Ambiente de Anova, expuxo os argumentos a prol dun cambio profundo das políticas para o rural como solución á lacra dos lumes. Débese incrementar o esforzo en prevención, promover a educación ambiental e camiñar cara un modelo de extinción profesionalizado e simplificado.
Con respecto aos lumes deste ano, Antón Sánchez acusou á Xunta de tratar de xeito "infantil, mentireiro e manipulador" un problema estrutural.
1. Galiza ten o 7,7 % da superficie forestal do Estado e prudúcense no noso territorio o 45% dos incendios. O factor diferencial, evidentemente, non é o número de incendiarios, senon que ten causas estruturais evidentes, como afirman todos os expertos: ausencia de ordenación do territorio, desertización do rural, aposta por un modelo baseado na trituración de madeira de baixa calidade, baixo valor e, por tanto, baixa rendibilidade do monte, etc.
2. O PP, que gobernou 27 de 32 anos de autonomía, é o principal responsábel da situación do rural e do monte galego. A ausencia de políticas de viabilización do rural do PP é a principal causa da lacra do lume.
![]() |
| Esta é a única idea que ten feijoo do que debe ser a loita contra o lume |
No 1992 apróbase un Plan contra incendios, consensuado por todas as forzas do Parlamento, para desenvolver unha política integral do monte que tivera en conta todos os obxectivos antes expostos para mudar as condicións estruturais que causaban os lumes e que impedían a explotación rendíbel do monte.
A consecución destes obxectivos debería de ser que cada vez se gastase menos en extinción e máis en prevención. Pois ben, sucede ao contrario: a única política do PP é a extinción, a manipulación, e a mentira. O único argumento é que a culpa é dos incendiarios, tratando de desviar a atención da súa ineptitude. "Cómo si un ministro de Interior lle bota a culpa do aumento da delincuencia aos delincuentes".
3. Aínda así, e a pesar de que todos os anos se gastan unha media de 90-100 millóns de euros en loita contra incendios, o operativo é cada vez menos profesional, menos eficiente e menos coordinado, e voltamos ao sistema caciquil de contratación nos concellos.
Até 11 entidades/organismos/empresas diferentes poden actuar nun lume. Seaga, funcionarios da Xunta, Tragsa, brigadas municipais, UME, Protección Civil, bombeiros públicos, privados, etc. Este ano, non se realizaron practicamente traballos de prevención, xa que os que o tiñan que facer foron contratados na súa maioría en agosto.
Feijóo e Rosa Quintana, non teñen vergoña (saben que o que din é mentira), mentireiros (trucan os datos) e manipuladores (queren por o foco só en quen prende o lume) cando fan eses discursos triunfalistas. Non asumen a súa responsabilidade nos lumes, cando estando na oposición tiveron un comportamento "canalla" na utilización dos lumes como arma partidaria (lembremos a famosa foto da mangueira).
4. ANOVA manifesta que so cun cambio profundo nas políticas do rural terá solución a lacra dos lumes. Revitalizar o rural evitando a desertización, ordenar o territorio, encamiñar o modelo cara un monte cunha funcionalidade múltiple e cara a explotación de madeira de alto valor engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación (as zonas onde o monte é rendíbel arden menos ou non arden).
Incrementar o esforzo en prevención (un exemplo do que non se debe de facer é retirar as subvencións ás razas autóctonas que serven para pastorear no monte) e promover a educación ambiental na poboación e camiñar cara un modelo de extinción profisionalizado e simplificado, evitando a multiplicidade de entes.
24 jul 2013
Anova suspende os actos do Día da Patria en sinal de dó
Anova suspende, en sinal de dó, todos os actos previstos para o Día da Patria e amosa o seu pesar ás familias das vítimas do tráxico accidente de tren ocorrido hoxe, 24 de xullo, en Santiago de Compostela.
O noso máis sentido pésame ás familias.
UN PASO ADIANTE, GALIZA!
Manifesto de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) para o 25 de xullo de 2013, Día da Matria Galega, lido publicamente o 24 de xullo diante do número 15 da Rúa do Vilar, en Compostela, onde o alcalde republicano de Santiago Ánxel Casal tiña a sede da imprenta Nós.
Aquí estamos, galegas e galegos de nación, cos pés na terra e abertas as fiestras para exercermos como pobo na loita común pola liberdade humana. A cidadanía galega que acepta a suma de vontades e experiencias dos procesos emancipadores para que a nación en si sexa nación para si.
Neste Día da Matria, a Alternativa Galega de Esquerda (AGE), expresión da Fronte Ampla no Parlamento Galego que asume a tradición da esquerda e dos procesos de liberación nacional, afirma o anceio de contribuír a fornecer ao pobo galego, suxeito político con poder civil, da súa soberanía no sentido amplo, sen rebaixas nin fendas rexidas pola Troika.
23 jul 2013
Acto político de Anova o 25 de xullo
Anova celebra un acto político o 25 de xullo en Compostela.
Será na praza de Mazarelos, dende as 12:30 h. Logo, xantar popular en Belvís.
Anova organiza un acto político na praza de Mazarelos polo Día da Patria en Compostela.
Dende as 12:30 h, haberá música e en torno ás 13:00 h terán lugar as intervencións políticas, pechadas polo discurso do portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras.
Ás 14:30 h aproximadamente está previsto un xantar popular en Belvís, onde contaremos cunha polbeira e unha carpa para xantar.
Para xantar na carpa non é preciso anotarse previamente. O menú costa 12 € e inclúe polbo, patacas, pan, viño e refrescos. Así mesmo, quen o desexe pode xantar no parque de xeito autoxestionado.
Pola tarde, teremos ás 17 horas o Aberto de Billarda do Día da Patria, da Liga Nacional de Billarda, e posto de venda de crachas e camisolas da mocidade de Anova.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)








